Os autónomos que tributan por módulos pagarán máis polo IRPF en 2024
Os autónomos que tributan por módulos pagarán máis polo IRPF en 2024
O Ministerio de Facenda decidiu eliminar o beneficio fiscal que lles aplicou durante os dous últimos anos para facerlle fronte á inflación polo que a redución para calcular o rendemento neto volverá ser do 5 % fronte o 10 % actual
Rebeca leva máis dunha década traballando como autónoma e cotizando polo sistema de módulos. Nos últimos anos o seu negocio viuse afectado polo encarecemento dos prezos.
Rebeca Pérez, autónoma que tributa por módulos: "Dende a luz ata a mercadoría, embalaxe... todo".
Para facerlle fronte á inflación, Facenda decidiu aplicarlle unha redución do 15 % o ano pasado e do 10 % este á hora calcular o rendemento neto.
José Manuel Díaz, asesor fiscal: "Do 10 % actual baixa ao 5%, e o Ministerio atribúeo a que a inflación está baixando".
Unha medida que non comparten autónomos como Martín, que ven como a suba de prezos se lles une a una caída nas vendas.
Martín Ferrío, autónomo que tributa por módulos: "Non ganas o que tes que ganar para pagar os gastos; se aínda por riba nos soben os impostos, só queda pechar".
En 2024, segundo a proposta de Facenda á que aínda se poden presentar alegacións, o gasto fiscal incrementaría nun 5 % para uns 600.000 autónomos que aínda tributan polo sistema de módulos.
David Martínez, vicepresidente da Asociación de Profesionais Autónomos de Galicia: "Habería que analizar ben a porcentaxe da inflación e manter aínda a redución do 10 por cento un ano máis".
Sosteñen que o Goberno quere eliminar a curto prazo este sistema de tributación para os autónomos.