Un erro xudicial pode arquivar a causa contra o home da exdirectora da Garda Civil

María Gámez dimitiu en marzo, cando citaron o seu home para comparecer como investigado por corrupción nunha causa separada do caso dos ERE

G24.gal 27/10/2023 17:49 Última actualización 27/10/2023 18:58

Un erro xudicial pode anular a causa por blanqueo de capitais contra o marido da exdirectora da Garda Civil. María Gámez anunciara a súa dimisión en marzo, cando a xustiza citou o seu home para comparecer como investigado por corrupción nunha causa separada do caso dos ERE de Andalucia. Agora, a Audiencia de Sevilla estimou o recurso que presentou a defensa, que consideraba "caducada" a instrución cando o xuíz ditou a imputación do marido e o cuñado de Gámez. Ten a última palabra o xuíz instrutor, que previsiblemente arquivará a causa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade