Detido o home que se atrincherou na súa casa de Toledo para evitar que o arrestasen
Detido o home que se atrincherou na súa casa de Toledo para evitar que o arrestasen
Dous xulgados dictaran ordes de detención contra él por delitos de ameazas e atentado contra a autoridade e por condución temeraria
O individuo, que xa pasou a disposición xudicial, lanzou á rúa cócteles molotov
O home foi apreixado ás 14:30 desta tarde na súa casa de Villaluenga de la Sagra (Toledo), desde onde chegou a guindar varios cócteles molotov caseiros á rúa.
Nun principio, o servizo de urxencias e emerxencias 112 sinalaran que este individuo ía ser desafiuzado da súa propia casa, pero posteriormente tanto a Garda Civil como o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha confirmaron que non se trataba dun desafiuzamento senón que o xa detido tiña varias requisitorias xudiciais.
Esta persoa estaba en busca e detención polo Xulgado de Instrución número 5 de Illescas (Toledo) por delitos de ameazas e atentado contra axentes da autoridade; tiña tamén outra orde de arresto do Xulgado de Instrución número 6 da mesma localidade por condución temeraria, segundo explicou a EFE o máximo tribunal de Castela-A Mancha.
A Garda Civil informou que os axentes acudiron esta mañá ao domicilio, xunto cunha secretaria xudicial de Illescas, e cando o home os víu se atrincheirou na vivenda portando un machado. Desde a casa lanzou cócteles molotov caseiros ardendo e baleirou aos axentes un extintor a moi curta distancia.
A Comandancia de Toledo solicitou o apoio para a entrada no domicilio do Grupo de Reserva e Seguridade, e acudiu o equipo de Valdemoro (Madrid), que entrou na vivenda e detivo ao home, que pasou a disposición xudicial.
O alcalde de Villaluenga de la Sagra, Carlos Casarrubios, explicou que o arrestado ocupa de forma ilegal a casa desde hai máis dun ano e engadiu que "non é a primeira vez que protagoniza algún episodio conflitivo cos veciños"