Un incendio provoca cuantiosos danos nunha casa de turismo rural da Fonsagrada

Un curtocircuíto puido ser a causa do lume, que arrasou gran parte do establecemento

Félix Aragunde 04/12/2023 13:02

Un incendio declarado de madrugada calcinou parte dun negocio de turismo rural da parroquia fonsagradina de Piñeira. Trátase de Casa Veiga, situada no lugar de Goxe. O lume destruíu a primeira planta, o faiado e mais a cuberta do inmoble.

Un curtocircuíto puido ser a causa do incendio. Os encargados de sufocalo foron os efectivos chegados dende o parque comarcal de bombeiros de Sarria. Déranlles aviso os propios hóspedes da casa, que eran estranxeiros.

Aínda que non houbo que lamentar feridos, os danos materiais son cuantiosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade