Un raposo vai comer todas as noites a unha cafetería de San Cibrao das Viñas

Cando non hai moita clientela, mesmo se achega ata a barra buscar a comida

G24.gal 06/12/2023 13:29

Un raposo entra todas as noites nunha cafetería do parque empresarial do polígono de San Cibrao das Viñas para alimentarse. Vai a mesma hora, de 3 a 6 da mañá.

Son os empregados, que xa o adoptaron como mascota do establecemento, os que lle dan pancenta ao animal, que de silvestre ten pouco.

Cando non hai moita clientela, mesmo se achega ata a barra buscar o seu menú.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade