Unha veciña de Cangas presenta unha denuncia polo son das campás

O arcebispado alegou que esas badaladas son as chamadas á misa, no Ángelus e nos funerais

Mentres non haxa resolución, o consistorio recomenda que se baixe o volume

G24.gal 16/11/2023 17:53

O son das badaladas en Cangas non senta ben a todos os veciños. Hai opinións para todos os gustos.

Unha muller que vive na rúa Real, a que discorre por diante do adro da excolexiata, presentou denuncia formal no Concello por ruído. O arcebispado alegou que esas badaladas son as chamadas á misa, no Ángelus e nos funerais.

Mentres non haxa resolución sobre o caso, o consistorio recomenda que se baixe o volume. Con máis ou menos balbordo, o badalo continuará marcando os avisos aos fregueses seguindo a tradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade