Publicador de contidos

Contido coa etiqueta keir starmer .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta keir starmer .

Keir Starmer

Primeiro ministro británico, Keir Starmer, e a presidenta da CE, Ursula von der Leyen (Reuters /  Benjamin Cremel)

O Reino Unido e a Unión Europea acordan fortalecer a súa relación "con ritmo acelerado"

02/10/2024 18:26

Von der Leyen e Starmer acordaron volver reunirse este outono e apuntan a un cumio en xaneiro

Os dous líderes conviñeron "en que unha relación estable, positiva e con visión de futuro" proporciona a "base para unha cooperación a longo prazo"


Biden e Starmer durante o encontro. REUTERS/Kevin Lamarque

Biden e Starmer deixan a Kíiv impaciente sobre o uso de mísiles contra Rusia

14/09/2024 08:50

Ambos os dous líderes reafirman o seu apoio a Ucraína nun encontro en Washington

 


O Goberno británico liberará miles de presos pola saturación nos cárceres

11/09/2024 11:43

Os disturbios violentos causados por grupos de extrema dereita en agosto elevou o número de presos a 88.521 en Inglaterra e Gales, unha cifra récord

O plan do executivo laborista exclúe os condenados por delitos violentos, como agresións sexuais e violencia doméstica, e mais os retidos por actos de terrorismo


(Reuters)

Starmer espera "sentenzas firmes" para os responsables da violencia no Reino Unido

07/08/2024 09:01

O primeiro ministro británico asegurou que de preto de 400 persoas arrestadas, 100 xa foron acusadas con cargos, e agarda que antes de rematar a semana xa haxa resolucións xudiciais


Pedro Sánchez, á súa chegada ao encontro de líderes europeos en Inglaterra

Sánchez e o primeiro ministro británico, convencidos de que haberá acordo sobre Xibraltar

18/07/2024 11:15

O presidente español aproveitou unha xuntanza de líderes europeos para abrir unha negociación sobre a Rocha con Keir Starmer

Sobre a mesa da conferencia, tres asuntos clave: expresar o "apoio sen fisuras" a Ucraína e o seu presidente Volodimir Zelenski, a migración e tamén a loita contra a desinformación


Primeira reunión do novo goberno británico

Starmer asegura que o plan de deportacións a Ruanda está "morto e enterrado"

06/07/2024 20:36

O novo primeiro ministro promete unha política diferente e gobernar polo cambio

Starmer reuniu este sábado o novo goberno tras a victoria dos laboristas



(Reuters/Phil Noble)

Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"

05/07/2024 11:57

Na súa despedida como primeiro ministro británico subliñou que o pobo británico "enviou unha mensaxe clara: o Goberno debe cambiar"

Sunak deixará de encabezar o Partido Conservador cando elixan o seu sucesor



Reuters

Sondaxe: os laboristas logran a maioría absoluta, os conservadores sacan o peor resultado da súa historia

04/07/2024 23:30

Se se confirman as sondaxes a pé de urna, Starmer converterase este venres no primeiro ministro británico tras 14 anos de Goberno conservador, cunha cómoda maioría, de 410 deputados (dos 650 da Cámara dos Comúns)

O Partido Conservador do primeiro ministro Rishi Sunak sofre a peor derrota da súa historia ao quedar con 131 asentos


Publicidade
Publicidade