Publicador de contidos
Publicador de contidos

'The Guardian' destaca Galicia como referente mundial da vacinación contra a bronquilite

'The Guardian' destaca Galicia como referente mundial da vacinación contra a bronquilite

O próximo luns comezará a inmunización dos bebés que nazcan nos hospitais galegos

Federico Martinón sinala a relevancia da vacina contra a bronquilite, que causa un milleiro de hospitalizacións ao ano en Galicia

G24.gal 20/09/2023 15:18

O diario británico analiza o impacto global do virus respiratorio sincitial que "mata milleiros de nenos cada ano", e sinala a esperanza que supoñen as novas vacinas. The Guardian detalla os avances científicos esperanzadores neste campo, malia a barreira que supón o seu custo. E propón un modelo a seguir: "Galicia, en España -di-, é o primeiro lugar en engadir nirsevimab ao seu programa de inmunización", e detalla que "todos os bebés nacidos entre o 25 de setembro e o 31 de marzo recibirán inmunización no hospital".

O xefe da área de Pediatría do CHUS cre que "é unha boa noticia que se recoñeza que o calendario vacinal galego é o máis completo e avanzado do mundo, e que sexa unha referencia para outros países".

Este virus causa bronquiolite, unha das enfermidades respiratorias máis comúns entre os pequenos. Dispárase durante os meses de inverno e causa en Galicia un milleiro de hospitalizacións cada ano, amais de 3.500 consultas pediátricas.

Federico Martinón engade outras cifras: "Un de cada 56 bebés sans van ingresar por bronquiolite no seu primeiro ano de vida, só iso explica o importante que é este problema para os nosos rapaces".

Un impacto que a sanidade pública galega quere paliar cunha iniciativa pioneira no mundo.
O Conselleiro de Sanidade explicou que "Fomos os primeiros en anunciar o financiamento público para a administración deste monoclonal fronte a un virus que provoca o 80 % dos ingresos dos bebés".

Amais dos acabados de nacer, tamén se inmunizarán os prematuros e os menores de dous anos con condicións de risco. As primeiras 11.000 vacinas xa están listas para ser distribuídas aos hospitais galegos, que comezarán a aplicalas o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade