Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Vai ser un dos días máis tristes para a pesca galega", din desde Asociación de Armadores de Vigo

"Vai ser un dos días máis tristes para a pesca galega", din desde Asociación de Armadores de Vigo

"A situación, polo momento, é bastante confusa", di Javier Touza, presidente de ARVI

Imaxe de arquivo do Villa de Pitanxo Imaxe de arquivo do Villa de Pitanxo
G24.gal 15/02/2022 15:07

O barco Villa de Pitanxo ten base en Marín, pero forma parte da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI). O seu presidente, Javier Touza, explicou que polo momento a información "é bastante confusa", nas tarefas de rescate están colaboran helicópteros e buques canadenses, así como varios barcos pesqueiros.

O Villa de Pitanxo forma parte da frota do Grupo Nores, con base en Marín, que é unha das empresas fundadoras de ARVI. Sinala que se cre que hai "algún falecido", mentres asegura que se han rescatados vivos a varios tripulantes "con sinais de hipotermia". "Vai ser un dos días máis tristes para a pesca galega", dixo Touza.

"Os profesionais son xente moi coñecedora dese caladoiro", explicou ao tempo que expresaba a "estrañeza por ser un dos barcos de construción máis recente e adaptado á pesca nesa zona".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade