Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catorce familias de Valdeorras recibiron as axudas da Xunta polos danos dos incendios do verán nas vivendas

Catorce familias de Valdeorras recibiron as axudas da Xunta polos danos dos incendios do verán nas vivendas

As 14 axudas superan o millón de euros

O Goberno galego estuda outras 25 solicitudes 

O prazo para pedir as achegas remata o 2 de novembro

G24.gal 24/10/2022 15:43

A Xunta de Galicia xa concedeu 1,1 millóns de euros en catorce axudas para paliar os danos rexistrados en vivendas durante os incendios forestais deste verán na comarca de Valdeorras, tal e como avanzou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha reunión con propietarios de inmobles afectados.

En concreto, Vázquez destacou que o departamento recibiu polo momento 39 solicitudes, unha cifra aínda sen pechar, xa que o prazo para presentación de solicitudes finaliza o próximo 2 de novembro. O departamento autonómico, segundo explicou, sufragará "o 100 % do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual e de instalacións complementarias", así como das vivendas no caso de que sexa posible a súa reparación ou rehabilitación (ata un máximo de 122.400 euros).

No que respecta a as residencias non habituais, as axudas abarcarán ata os 61.200 euros. Quedan fóra das axudas os inmobles en estado ruinoso ou abandonados antes dos incendios. A maiores, a Xunta contempla axudas por danos do enxoval doméstico cun 100 % dos gastos de reposición ata 15.000 euros, cando sexa vivenda habitual, e dun 50 % cun límite de 5.000 euros, cando sexa ocasional.

Nos demais supostos, establecerá límite que vai dos 3.000 aos 7.000 euros en función de que o enxoval sexa o da vivenda habitual e permanente ou ocasional. Esta orde de axudas conta cun financiamento inicial de 3,2 millóns de euros para o período 2022-2024, que podería incrementarse en caso de ser necesario.

"Ata o de agora temos un total de 39 solicitudes das que 14 xa as temos pagadas a día de hoxe. 10 pagáronse a semana pasada e a 4 fíxoselle o ingreso esta mesma semana. Queríamos axilidade porque a xente precisa volver ás súas casas", dixo Ángeles Vázquez, conselleira de Vivenda.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade