Publicador de contidos
Publicador de contidos

17 anos de cadea por prender lume en catro ocasións en Agolada

17 anos de cadea por prender lume en catro ocasións en Agolada

O pirómano deberá ingresar nun psiquiátrico para cumprir a condena e indemnizar con 8.000 euros a Xunta de Galicia

Incendio forestal. Arquivo Incendio forestal. Arquivo
G24.gal 20/04/2023 14:14

Un home foi condenado a 17 anos e catro meses de cadea pola Audiencia Provincial de Pontevedra, acusado dun delito continuado de incendio forestal no concello de Agolada. 

O pirómano xa fora condenado outras tres veces, concretamente nos anos 2009, 2013 e 2019. A sentenza tamén ordena que cumpra a pena nun centro psiquiátrico. Igualmente terá que facerlle fronte a unha indemnización de 8.000 euros á Xunta de Galicia, en concepto dos gastos derivados polos labores de extinción dos incendios que provocou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade