Cargando resultados...
Vinte anos convivindo coa velutina, asentada xa en todo o territorio
Vinte anos convivindo coa velutina, asentada xa en todo o territorio
Os apicultores ven urxente investigar novas estratexias preventivas
A velutina chegou a Galicia en 2012 ás zonas costeiras e agora xa se atopa na alta montaña
G24.gal
31/01/2024 20:01
Última actualización 31/01/2024 20:44
Chegou para quedar hai xa vinte anos. A velutina entrou en Europa por Francia, presumiblemente en barcos procedentes da China, e pouco a pouco foi gañando terreo sen que ninguén puidese facerlle fronte.
Os apicultores foron nun principio os máis afectados, pero din que hoxe é xa un problema para moitos sectores. E cada vez máis, nas zonas urbanas.
Os apicultores insisten en que é un problema de toda a sociedade.
Por iso ven urxente investigar novas estratexias preventivas.
Reclaman ademais unha maior implicación das administracións e tamén a colaboración cidadá para a colocación masiva de trampas para loitar contra esta especie invasora.