Cargando resultados...
Nunca Máis presenta en Pontevedra o documental "20 anos de dignidade"
Nunca Máis presenta en Pontevedra o documental "20 anos de dignidade"
A rabia xerou reivindicación pero tamén un amplo movemento social e cultural que aínda pervive
G24.gal
13/11/2022 14:16
Última actualización 13/11/2022 15:21
Estes días cúmprense vinte anos tamén do nacemento da plataforma cívica Nunca Máis. Este movemento social único aglutinou a dor e a rabia xeradas pola catástrofe e a xestión do suceso e converteunas en creatividade e reivindicación.
Para que todo aquilo non se esqueza e a poboación máis nova coñeza a súa esencia, Nunca Máis presentou en Pontevedra o documental "20 anos de dignidade" no Pazo da Cultura.
O audiovisual, dirixido por Xosé Aragunde, recolle testemuños de diferentes persoas que participaron na creación deste movemento cidadá que alerta de que un novo Prestige "é posible" vinte anos despois.