O 2022 xa fixo historia polo número de peregrinacións a Santiago
O 2022 xa fixo historia polo número de peregrinacións a Santiago
Esta fin de semana emítese a compostela número 400.000
Esta fin de semana entrégase a compostela número 400.000, polo que o 2022, aínda sen rematar, xa se converteu no ano co maior número de persoas que peregrinan a Santiago da historia.
Cómpre ter en conta, ademais, que un terzo, polo motivo que sexa, non pide este certificado, co cal poderiamos estar a falar de 600.000 camiñantes.
Visitamos Portomarín, unha vila con encanto na que hai tres décadas apenas había negocios hostaleiros, só os que servían a veciñanza.
O Camiño modificou a economía, a sociedade e a estrutura dos lugares polos que pasa. Neste concello atopamos paseando unhas veciñas de Sarria, vila na que centos de persoas comezan o camiño francés.
Chegou o outono e os peregrinos continúan chegando a Santiago. En setembro a media foi de 2.000 diarios. Malia que a cifra baixou algo en outubro, as distintas rutas continúan aínda cunha actividade notable.