Publicador de contidos
Publicador de contidos

75 voos cancelados este sábado en España por mor da folga de traballadores de Ryanair

75 voos cancelados este sábado en España por mor da folga de traballadores de Ryanair

Dende Santiago non houbo a conexión a Marsella e oito avións saíron con atraso.

Os sindicatos convocantes da folga denuncian que a empresa trouxo pilotos de Marrocos  para operar en voos en España

 

G24.gal 25/06/2022 21:34 Última actualización 25/06/2022 21:51

Oito voos saíron con atraso do aeroporto Rosalia de Castro de Santiago este sábado.  Os pasaxeiros agardaron con resignación.

"Nós iamos para Málaga e temos un atraso de dúas horas, non sabemos nada máis"

"Haberá que esperar, non queda outra".

Algúns esperaron ata máis de tres horas pero peor sorte correron as persoas que tiñan previsto voar a Marsella dende a terminal compostelá porque o avión non engalou. 

Nesta segunda xornada de folga de tripulantes de cabina de Raynair, os dous  sindicatos convocantes - USO e SITCPLA- acusan a compañía de utilizar pilotos extracomunitarios, de xeito ilegal.  Laura Caballero, tripulante de cabina conta que presentaron unha denuncia conxunta ante a Garda Civil.

Por esquirolaxe e porque a tripulación que mandaron a cubrir voos de base española eran marroquís e por tanto non estaban habilitados para traballar en España. Fixeron saír un voo, vulnerando o noso dereito á folga.

En total 75 voos foron cancelados en España e máis de 180 non saíron á súa hora, segundo USO. Os representantes dos traballadores din que a empresa incumpre os servizos mínimos e vulnera o dereito á folga.

Mantéñense en folga porque aseguran que a compañía irlandesa incumpre a lexislación laboral española, segundo explica Juanjo Lois, auxiliar de voo.

Sobre todo facer deste traballo un traballo digno porque hai traballadores cobrando menos do salario mínimo interprofesional

O paro continua mañá domingo, e en plena operación saída, o xoves día trinta e o 1 e 2 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar