Publicador de contidos
Publicador de contidos

Requisan 760 armas e deteñen 80 persoas nunha macrooperación policial

Requisan 760 armas e deteñen 80 persoas nunha macrooperación policial

Os arrestados mercaban armas de fogueo na Internet que manipulaban para que disparasen munición real

A operación, na que participou a Garda Civil, contou coa intervención de policías de oito países

G24.gal 09/07/2023 14:35 Última actualización 09/07/2023 14:54

Oitenta persoas detidas e 760 armas aprehendidas é o resultado dunha macrooperación internacional contra o tráfico de armas na que participou a Garda Civil.

Segundo informan as forzas de seguridade, os detidos supostamente adquirían en Internet armas de fogueo ou detonadoras que logo manipulaban para que puidesen disparar munición real. Despois introducíanas en organizacións criminais ou terroristas.

A operación policial comezou hai catro anos cando se detectaron numerosos delincuentes que obtiñan armas ilegais no mercado europeo. O operativo contou coa participación da Axencia Nacional contra o Crime do Reino Unido, a Europol, a Garda Civil e a Policía de oito países.  

Parte das armas requisadas xa chegaran a delincuentes perigosos con amplos historiais delituosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade