A alcaldesa de Marín: "O peor de todo é non poder dar ás familias a identidade dos sobreviventes e falecidos"

Confirmou que apareceron os tres superviventes nunha balsa, outras dúas apareceron baleiras e hai unha cuarta desaparecida
A alcaldesa de Marín entrou en directo para a Televisión de Galicia e asegurou que está sendo un episodio moi duro e que non recorda nada igual.
Tamén trasladou que a parte máis dura do suceso é para as familias, ás que non poden avanzar a identidade das persoas rescatadas nin das que se atoparon sen vida.
A alcaldesa confirmou que, polo momento, apareceron tres tripulantes nunha das balsas con vida. Tamén avanzou que noutras dúas lanchas non apareceu ninguén e que queda outra embarcación por aparecer.
A alcaldesa avanza que a prioridade é poder dar unha información que remate co desacougo das 24 familias afectadas por este afundimento. Polo momento avanza que "é complicado e todo albisca un mal prognóstico".