Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alta mortaldade do mexillón nas bateas preocupa os produtores

A alta mortaldade do mexillón nas bateas preocupa os produtores

Moitos bivalvos despréndense das cordas ou non medran o suficiente e diminúe a supervivencia das sementes

Á espera dos resultados das investigacións, algúns produtores cren que podería deberse ao aumento da temperatura da auga

G24.gal 29/08/2023 13:10

Os produtores de mexillón están a notar un aumento dos desprendementos dos bivalvos das cordas das bateas ou ven que non medran tanto. Ademais, advirten dunha diminución da supervivencia das sementes. 

Algunhas asociacións do sector din que xa o percibiran nos últimos anos, pero aseguran que este está a ser o peor. Pensan que esta situación podería deberse ás altas temperaturas que rexistra o mar, sobre todo na ría de Arousa. Segundo os rexistros deste verán, as medicións en profundidade oscilaron entre os 17 e os 20 graos. 

Os investigadores están a tomar mostras para saber as causas do que acontece non só cos mexillóns, senón tamén coa ameixa, o berberecho e a navalla. Hai arredor dun mes, apareceron milleiros de longueiróns mortos na praia da Lanzada, no Grove. Daquela, o Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño de Galicia, o Intecmar, descartou a presenza de axentes patóxenos. O que si se detectou tamén alí foi un incremento da temperatura da auga, moi superior á habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade