Cargando resultados...
A armadora do buque: "Descoñécense as causas do naufraxio"
A armadora do buque: "Descoñécense as causas do naufraxio"
Os propietarios do Villa de Pitanxo dan as "máis expresivas grazas" pola atención e a preocupación mostrada tras o afundimento
Pesquería Nores Marín S.L. é a armadora do barco afundido
G24.gal
15/02/2022 16:40
A Pesquería Nores Marín S. L., a armadora do buque Villa de Pitanxo, que naufragou cando pescaba en augas de Terra Nova, emite un comunicado en que indica que "se descoñecen as causas" que puideron provocar o afundimento e que agora os esforzos céntranse no rescate.
No mesmo comunicado, a sociedade propietaria do barco, tamén dá "as máis expresivas grazas pola atención e preocupación amosada ante tan triste suceso" no nome da empresa armadora e no do colectivo do sector representado pola cooperativa de armadores.