Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación galega de axuda a Ucraína recolle material en 16 concellos

A Asociación galega de axuda a Ucraína recolle material en 16 concellos

Sobre todo piden artigos de primeira necesidade

G24.gal 05/03/2022 14:23

Estas caixas de produtos de primeira necesidade formarán parte do segundo envío de axuda humanitaria que sairá de Galicia con destino a Ucraína. 

“Sobre todo, cousas de primeira necesidade, comida en latas, tendas de campaña, sacos de durmir, colchóns inchables, lanternas, baterías portátiles, medicamentos, material médico”, explica Aleksandra, ucraína residente en Vigo.

Aleksandra, ucraína de Kiev, leva 12 anos en Galicia. Desde o local da súa escola de musica coordina un dos seis puntos de recollida que hai en Vigo.

"A resposta da xente dos galegos é incrible, a xente intenta axudar no que pode, pasa moita xente por aquí a diario, asegura Aleksandra".

O espazo que teñen é limitado, por iso están a buscar un almacén onde gardar o material humanitario antes de envialo ao seu destino.

"Quería facer unha petición a todos os habitantes de Vigo e dos arredores, por se alguén dispón dun local grande onde almacenar tódalas cousas, sería de moitísima axuda".

Aleksandra ten a súa avoa en Ucraína. O que máis desexa e que remate a guerra para poder reencontrarse con ela.

"Temes o peor, que non vas volver ver a túa familia, os teus amigos, que non vai existir a túa cidade. O único que quero e volver abrazar a miña avoa, saber que está ben, e volver pasear pola miña fermosa cidade, Kiev".

Alkesandra centra os seus esforzos en axudar á súa xente desde Vigo. O seguinte envío de axuda humanitaria sairá nos próximos días, en canto o permita a situación na fronteira con Polonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade