Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia absolve o acusado da morte de Nerea Añel a pesar do veredicto de culpabilidade do xurado

A Audiencia absolve o acusado da morte de Nerea Añel a pesar do veredicto de culpabilidade do xurado

O tribunal argumenta que as condutas probadas do acusado non poden incluírse no tipo penal de homicidio

O acusado polo crime de Nerea Añel asegura que non estaba con ela cando morreu

G24.gal 07/03/2024 16:13 Última actualización 07/03/2024 20:20

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu dos delitos de homicidio consumado e de homicidio por comisión por omisión o acusado da morte da ourensá Nerea Añel, a pesar do veredicto de culpabilidade emitido polo xurado popular.

O tribunal argumenta que os feitos probados non permiten incluír esta conduta nos tipos penais que se lle atribuían.

En concreto, a sentenza apunta que as condutas consideradas probadas do acusado, segundo di o xurado popular no seu veredicto de culpabilidade, non poden incluírse no tipo penal de homicidio consumado nin no de homicidio por omisión que mantivo Fiscalía nas súas conclusións definitivas.

En particular, apunta que o tribunal de xurado recoñece no veredicto que "non hai suficientes probas" de que a moza podería salvarse cunha intervención médica inmediata, e que o procesado "non crea a situación de risco" previa ás lesións, dado que a caída da moza puido ser fortuíta.

Por iso, os actos non se incluirían no tipo penal de homicidio, di o maxistrado, que advirte de que o Ministerio Público "non interesou unha cualificación subsidiaria ou alternativa que configurase a conduta do acusado como autor dun delito de omisión do deber de socorro, polo que non se analiza a súa concorrencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade