A auga de Malpica non é apta para o consumo
A auga de Malpica non é apta para o consumo
As últimas análises deixaron valores superiores aos permitidos en trihalometanos
O Concello de Malpica informou os seus veciños de que a auga da rede municipal non é apta para o consumo. As últimas análises realizadas por Sanidade deixaron valores superiores aos permitidos en trihalometanos, uns compostos químicos xerados durante o proceso de potabilización cando o cloro interactúa coa materia orgánica presente na auga.
Os responsables municipais relacionan esta situación coa seca e o baixo caudal do río, que arrastra máis materia orgánica do habitual e agardan que as chuvias previstas para os próximos días permitan recuperar a normalidade.
No edificio do Concello estase a repartir auga embotellada entre a veciñanza e tamén se distribúe nos establecementos de hostalería, un dos sectores máis afectados pola prohibición.
Os técnicos de Sanidade realizarán novas analíticas o próximo martes.