Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor fixo que este ano houbese máis avespas velutinas

A calor fixo que este ano houbese máis avespas velutinas

Son unha especie que se adaptou á humidade e temperatura de Galicia

A mellor forma de eliminalas é mediante o trampeo e eliminación dos niños

G24.gal 05/09/2022 21:13 Última actualización 05/09/2022 22:00

Erradicar as avespas velutinas parece tarefa imposible. Hai dez anos que apareceron os primeiros exemplares. Este verán, coa calor, volveron aumentar os niños destes insectos invasores. 

A eliminación dos niños é fundamental para evitar que as avespas velutinas colonicen o lugar, porque acaban coas abellas e resultan perigosas para o ser humano cando se senten ameazadas. Importante tamén é acabar coas raíñas mediante trampas e facelo antes de que formen o niño. 

Unha tarefa que aínda se complica máis pola facilidade da velutina para adaptarse ao tempo e humidade de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade