Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cañiza honra o xamón tradicional galego, redondo e acodado

A Cañiza honra o xamón tradicional galego, redondo e acodado

Os mellores profesionais de España participan no concurso nacional de corte de xamón

Na festa ofrecen racións de xamón curado, asado, empanado ou en tortilla e empanada 

G24.gal 15/08/2022 15:06

Despois de dous anos en suspenso pola pandemia, desde o venres volven honrar na Cañiza un produto asociado desde sempre ao nome do concello. Précianse aquí, entre outras cousa de manter a forma tradicional do xamón galego, redondo e acodado.

Outra cousa da que se gaban é de contribuír á manter a profesionalidade que axuda a sacarlle o máximo partido. O concurso de corte desta Feira a Cañiza é dos de categoría estatal. Os organizadores aseguran que ver traballar estes profesionais é todo un espectáculo.

Achegarse á zona e sentir o aroma das frebas acabadas de cortar é a mellor maneira de abrir boca e pasar logo a degustar as racións de xamón curado, asado, empanado, en tortilla ou en empanada, que se ofrecen estes días na Carballeira do Cacharado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar