Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Casa da Troia prepárase para celebrar dúas datas sinaladas

A Casa da Troia prepárase para celebrar dúas datas sinaladas

Este ano fai 30 anos da reapertura da antiga pensión como Casa Museo 

Recrea o ambiente dos universitarios composteláns a finais do século XIX tal como relata a novela de Alejandro Pérez Lugín

A primeira das súas cinco versións cinematográficas é de 1924

G24.gal 15/08/2023 11:53

Este ano fai tres décadas que a antiga pensión compostelá A Casa da Troia se converteu en museo. Está na rúa da que toma o seu nome, a un tiro de pedra da Catedral. O escritor Alejandro Pérez Lugín ambientou alí a novela en que recrea as súas vivencias da época de estudante en Compostela a finais do século XIX.

A Asociación de Antigos Tunos que se fixo cargo da xestión desta casa museo hai tres decadas acaba de renovar os forxados da fachada e outros elementos da estrutura e a decoración do edificio, para manter o seu atractivo de museo romántico. Cambiaron os balcóns e as carpinterías de portas e ventás que estaban en mal estado, pero a maiores, o que destaca o Director do Museo, Beningo Amor, é un cartel de estilo compostelán realizado por un taller local, forxa Chao, a partir dun deseño de Xosé Vizoso. 

O museo está aberto desde Semana Santa ata outubro, e admite visitas concertadas en calquera época do ano. Din os seus promotores que é unha viaxe no tempo á novela e á Compostela de hai máis dun século.

"O que se achegue aquí vai ver como vivían os estudantes naquela época. As visitas son todas guiadas e duran uns 25 minutos". 

A novela publicada por primeira vez en 1915, fíxose moi popular e tivo ata cinco versións cinematográficas. En 2024 cúmprese o centenario da primeira dirixida tamén polo autor da historia. Os responsables da Casa Museo queren que este aniversario axude a achegar a novela e a pensión na que transcorre a novos públicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar