Publicador de contidos
Publicador de contidos

A catedral de Santiago substitúe toneladas de formigón por madeira

A catedral de Santiago substitúe toneladas de formigón por madeira

O formigón empregarase en intervencións anteriores pouco respectuosas co patrimonio construtivo

As obras, entre elas a restauración do baldaquino, foron posibles grazas á colaboración entre a Xunta e a Fundación Catedral de Santiago

G24.gal 03/02/2023 14:53

A rehabilitación da Catedral de Santiago segue avanzando, e do modo máis respectuoso posible co patrimonio construtivo orixinal.

As obras supuxeron xa a retirada de toneladas de formigón, produto de intervencións anteriores e que agora se substitúen por madeira. Coa preponderancia da pedra tan impactante quizais moitos non reparen na importancia da maderia como elemento construtivo da Catedral de Santiago.

A madeira está baixo as cubertas, nas fiestras, as escaleiras, os mobiliarios, os retablos... E tamén no baldaquino que acaparou a atención dos medios de comunicación porque foi rehabilitado con madeira de castiñeiro galego, de 5 séculos de antigüidade. Unha intervención complexa e rápida que contou co asesoramento do Cis-Madeira.

Cubertas, vigas, chans, escaleiras, ventás, capelas, usan a madeira galega como material e o I+D galegos como garantía, grazas ao convenio que asinaron en 2018 a Xunta e a Fundación Catedral de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade