Publicador de contidos
Publicador de contidos

A confraría do Grove utiliza drons para vixiar os seus bancos marisqueiros

A confraría do Grove utiliza drons para vixiar os seus bancos marisqueiros

Estes aparellos permiten cubrir en menos tempo todo o terreo a vixiar e chegar a lugares de difícil acceso

G24.gal 28/08/2023 13:36

Despois de completar a súa formación como pilotos de drons, o persoal da confraría do Grove utiliza estes aparatos para vixiar as súas concesións marisqueiras e facer fronte ao furtivismo.
Estes pequenos vehículos aéreos non tripulados permiten cubrir en menos tempo todo o terreo a vixiar e chegar a lugares de difícil acceso, como as zonas de rochas.

"Se tiveses que facer o servizo a pé, custaríanos moito máis tempo, máis traballo e hai a posibilidade de que se agochen. Con isto en dez minutos fas un perímetro bastante grande de terreo e tes unha mellor visual da zona para poder detectar calquera persoa", di Víctor Prieto, do Servizo de Gardapescas da Confraría do Grove.

O furtivismo é unha ameaza para o traballo da xente que vive dos bancos marisqueiros, pero supón un risco tamén para a saúde pública ao posibilitar que marisco sen controis sanitarios poida chegar aos consumidores.

A vixilancia dos areais desde o aire permite actuar contra todo tipo furtivismo, incluso o vacacional. "O do traxe de baño, como lle chaman. Si, pero moitos por descoñecemento, e tamén é xente que ben de fóra, non coñecen a zona e como funciona o marisqueo en Galicia", conta Víctor.

Fáciles de manexar e transportar e cun mantemento reducido, os drons permiten aos vixilantes do Grove controlar tamén que os practicantes de pesca submarina deportiva sinalizan debidamente as súas zonas de inmersión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade