Preocupa a escaseza de marisco na ría de Ferrol malia os traballos de rexeneración da ría
Preocupa a escaseza de marisco na ría de Ferrol malia os traballos de rexeneración da ría
Desde as confrarías recoñecen que avanzou no estado das augas, pero non ven os resultados na produtividade
A conselleira do Mar reuniuse con representantes do sector
"A auga é moito máis clara, ou sexa está perfecta, pero a produtividade segue sen habela", afirma Isabel Maroño, patroa maior da confraría de pescadores de Ferrol.
Os traballos de rexeneración da ría están dando os seus froitos, os resultados microbiolóxicos melloran, pero o sector di que segue sen haber marisco.
"Cando eu entrei se sacaban 1000 quilos diarios de ameixa babosa, exactamente onte na miña confraría de Ferrol había 8 quilos", continúa a patroa.
"Estamos vendo unha diminución grandísima, nós estivemos valorando por exemplo hoxe pola mañá e a xente que foi traballar o luns na miña confraría foron 10 persoas a flote e martes foron 13 e iso significa que de 125 socios se soamente van 10 ao mar cando nos deamos conta, deixamos de existir", apunta Jorge López, patrón maior da Confraría de Barallobre.
Dende a consellería insisten que levan desde 2019 traballando na ría onde levan investidos máis de 800.000 euros facendo todos os proxectos que acordaron coas confrarías.
"Fixéronse sementeiras, non hai contaminación nos sedimentos, retiráronse tamén moitas estrelas que son depredadores das ameixas e en definitiva nos creemos que o banco agora si que está nunha senda de recuperación pero que hai que darlle tempo evidentemente para que a ría volva ter os medios produtivos que tivo no pasado", informa Rosa Quintana, conselleira do Mar
Este mediodía representantes do sector marisqueiro e a conselleira sentaron á mesa para intentar ver onde está o problema e co ánimo de seguir buscando solucións.