Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade comeza o luns as negociacións do plus para persoal médico

Sanidade comeza o luns as negociacións do plus para persoal médico

A Xunta vai investir en equipamento diagnóstico e incentivar os postos de cobertura difícil

G24.gal 03/06/2023 14:26 Última actualización 03/06/2023 14:47

A Xunta mantén o seu compromiso de continuar investindo no ámbito sanitario, mediante a actualización de equipamento e tamén con incentivos para cubrir prazas naqueles centros de saúde illados ou que resultan máis complicados.

Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, antes de entrar ao acto de entrega en Lugo da Bolsa de Medicina Rural da Asociación de Médicos Galegos, que recaeu en tres proxectos.

Tamén se referiu á negociación sobre o complemento específico, que se retomará a partir do luns, tal e como se comprometera logo da folga de persoal médico hai uns meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade