Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conserveira Atunlo solicita o concurso voluntario de acredores

A conserveira Atunlo solicita o concurso voluntario de acredores

A día de hoxe só contan co plan de reestruturación proposto pola empresa, aínda pendente dun informe e unha votación

A empresa continúa coa súa actividade, aínda que de xeito reducido "ante o incumprimento do compromiso de subministración do socio Inpesca"

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/05/2024 16:56 Última actualización 14/05/2024 17:42

A conserveira Atunlo solicitou o concurso voluntario de acredores, segundo informou este martes nun comunicado. A empresa galega presentou este luns a solicitude perante o xulgado, en cumprimento do seu deber de facelo segundo a vixente lei concursal.

Esta lei fai referencia a que o debedor que non alcanzase un plan de reestruturación tres meses despois da comunicación deberá solicitar a declaración de concurso dentro do mes seguinte, salvo que non se atopase en estado de insolvencia.

Atunlo explica que, actualmente, o grupo de acredores conformado por parte da banca e o socio Inpesca, que solicitou novo reestruturador na figura de Álvarez e Marsal, "non presentou ningún plan de reestruturación alternativo, nin tampouco ningunha proposta que fose validada polo propio reestruturador". En consecuencia, sostén a conserveira, "a día de hoxe só se atopa vixente o plan de reestruturación" do 29 de abril proposto pola empresa, pendente dun informe e da votación da "clase financeira".

Atunlo asegura que a empresa non mantén débedas coa Axencia Tributaria, nin coa Seguridade Social e demais organismos públicos, tampouco cos seus traballadores e permanece á espera da solución que determine o xulgado.

Ademais, sinala que a actividade non se viu suspendida, aínda que "si reducida ante o incumprimento do compromiso de subministración do socio Inpesca".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade