Case o 70 % da poboación galega maior de 60 anos ten a vacina da gripe
Case o 70 % da poboación galega maior de 60 anos ten a vacina da gripe
A Xunta ampliou a campaña ata o 26 de xaneiro
Máis de 800.000 persoas xa se vacinaron en Galicia fronte á gripe. Deles, sete de cada dez son maiores de 60 anos. Neste grupo, a porcentaxe de vacinación achégase ao 68 % no conxunto de Galicia.
Dúas áreas sanitarias, a da Coruña e a de Santiago superan a barreira do 70 %. Os peores datos son os da área viguesa, oito puntos por baixo da media galega.
A vacinación contra a gripe entre a poboación menor de cinco anos é do 51 % na comunidade. Hai unha diferenza de case quince puntos entre a área con máis adherencia á campaña, a compostelá co 60 %, e a que ten as taxas máis baixas, a de Ourense.
A Xunta ampliou ata o 26 de xaneiro a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid e mantén habilitado o sistema para coller un mesmo a cita nos hospitais da rede sanitaria pública galega.