Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña homenaxea a Samuel Luiz dous anos despois do seu asasinato

A Coruña homenaxea a Samuel Luiz dous anos despois do seu asasinato

O mozo recibiu unha malleira dun grupo de rapaces ao saír dunha discoteca e converteuse en icona da loita LGTBI

G24.gal 03/07/2023 21:34

Na Avenida Bos Aires, fronte á praia de Riazor, a memoria de Samuel Luiz está presente dous anos despois do seu asasinato. Á altura do portal número tres, este luns amenceu con flores, mensaxes e bandeiras LGTBI.   

Na madrugada do 2 ao 3 de xullo de 2021, Samuel, que tiña 24 anos, foi atacado por un grupo de mozos que o golpearon ata matalo, segundo a Policía Nacional, que revisou cámaras e móbiles dos acusados. Na investigación apareceron indicios de comentarios homófobos por parte dos procesados.

Houbo sete detidos. Dous, que daquela eran menores, foron condenados pola xuíza a tres anos e medio de internamento como autores dun delito de asasinato. Dos cinco adultos, tres seguen en prisión provisional. Todos serán xulgados por un xurado popular.

Cun minuto de silencio e unha vixilia convocada pola Asociación ALAS A Coruña no lugar onde comezou a agresión, a escasos metros de onde foi asasinado, reclamouse xustiza para Samuel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade