Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña rexistra máis de 8.200 casos activos de covid

A Coruña rexistra máis de 8.200 casos activos de covid

Lixeiro descenso dos positivos diarios en 24 horas  con 863

G24.gal 01/01/2022 16:10

Na area sanitaria da Coruña-cee confirmáronse nas ultimas 24 horas 863 casos novos. Son case cen menos que os detectados o día anterior.

A área sanitaria da Coruña-Cee segue a ser a terceira con máis casos. O bo tempo animou hoxe a gozar da praia. Pero son moitas as familias condicionadas polo virus. Algunhas delas citadas este primeiro de ano no Covidauto do Ventorrillo.

Porén a cifra total segue medrando ao nunca rexistrado: Hai 8.206 pacientes coa infección activa. 
Deles, 63 están hospitalizados en planta e 8 en UCI. Familias pendentes do virus.

Segue tamén activo o programa de autocita para realizar probas de detección de antíxenos en cuspe. Os interesados teñen que reservar cita a través da páxina de cribado do Sergas.
Fronte este cadro de tensión que marca a covid, o 2022 amenceu na Coruña con sol e temperaturas altas, e con imaxes de Riazor nunca coñecidas a 1 de xaneiro.

Despedida duns e benvida doutros a un ano que comeza nesta nova realidade á que tentamos adaptarnos. Coa esperanza de que traia aires novos, sobre todo máis saudables.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade