A derruba da ponte de Baltimore, unha catástrofe evitable
A derruba da ponte de Baltimore, unha catástrofe evitable
A presenza de remolcadores corrixiría a traxectoria do Dali cando quedou sen máquina
Puido evitarse a derruba da ponte de Baltimore? Os expertos coinciden en que o auxilio de remolcadores na travesía impediría a traxectoria errática do barco cando quedou sen máquina, pero o Dali prescindiu dos seus servizos antes de superar a ponte Francis Scott Key.
A infraestrutura derrubada non tiña problemas estruturais e a maioría dos enxeñeiros coinciden en que un reforzo maior dos piares podería reducir as consecuencias do impacto pero non evitalo.
O accidente acabou con seis vidas e provocou un desastre económico ao paralizar un dos principais portos comerciais dos Estados Unidos. A investigación do sinistro pode tardar meses pero tamén marcar un antes e un despois nos protocolos de seguridade do tráfico marítimo en zona portuaria.