A DXT pecha este domingo a primeira fase da operación especial de Semana Santa
A DXT pecha este domingo a primeira fase da operación especial de Semana Santa
Durante toda a fin de semana prevense máis de 500.000 desprazamentos en Galicia
Dúas mozas e dous mozos morren nun accidente de tráfico no concello de Xove
A Dirección Xeral de Tráfico pecha este domingo a primeira fase da operación especial de Semana Santa que comezou o venres ás 15:00 horas. Na rede viaria galega prevense máis de 500.000 desprazamentos durante a fin de semana.
A segunda fase iníciase o vindeiro mércores, día 5, e remata o luns 10 de abril ás 24:00 horas. Nese período, a DXT agarda que se produzan máis dun millón de viaxes polas estradas de Galicia. Un milleiro de axentes velan pola seguridade no territorio.
Nesta operación saída, o fluxo principal de tráfico prodúcese cara ás poboacións con actos relixiosos tradicionais, segundas residencias ou zonas turísticas de costa. Na operación retorno a maior intensidade rexistrarase en dirección aos núcleos urbanos, sobre todo nos accesos.
Este sábado morreron dúas mozas e dous mozos nun accidente de tráfico ocorrido no concello de Xove. O condutor, de 19, continúa en estado grave. Un sexto ocupante sufriu feridas leves.