A estratexia galega de eliminación da hepatite C quere adiantar cinco anos os obxectivos da OMS
A estratexia galega de eliminación da hepatite C quere adiantar cinco anos os obxectivos da OMS
O Sergas tratará de localizar os doentes que non teñen tratamento solicitado
Este mércores presentouse en Santiago a estratexia galega para a eliminación da hepatite C, que pretende reducir drasticamente a morbilidade e mortalidade asociadas a este virus, responsable de moitas patoloxías graves.
A pretensión do Sergas é acadar en 2025 os obxectivos que a Organización Mundial da Saúde marca para 2030.
O conselleiro de Sanidade e a directora xeral de Saúde Pública explicaron que tratarán de localizar os doentes que non teñen tratamento solicitado.
A hepatite C é un problema de saúde pública porque é unha enfermidade transmisible. O obxectivo é cortar estas cadeas de transmisión e mellorar calidade de vida das persoas afectadas. Para iso, optarán pola detección precoz, a busca activa retrospectiva e os cribados.