Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia celebra que se cite como investigado o exmozo de Déborah Fernández

A familia celebra que se cite como investigado o exmozo de Déborah Fernández

"Saber que agora non temos o xugo do tempo apertándonos, pois danos máis marxe", asegura Rosa Fernández, irmá de déborah

"Estamos cansos de escoitar que é a familia a que ten unha opinión. Nós temos unha opinión herdada da información policial"

Rosa Fernández, irmá de Déborah, entrevistada no 'Bos días'
G24.gal 15/02/2022 10:50

A familia de Déborah Fernández, tras 20 anos da súa desaparición e morte, logrou que a exparella da moza viguesa fose chamado a declarar. Finalmente, o venres pasado chegaba a decisión da Audiencia Provincial de Pontevedra de citalo como investigado.

Rosa Fernández, irmá de Déborah, aseguraba este martes no Bos días: "Nós o que queremos, como familia, é que se investigue todo o que poida botar luz no caso. E se a policía, nos seus informes, considera que esta persoa é o principal responsable da desaparición e a morte da miña irmá pois que pase a declarar como fan o resto das testemuñas".

En principio, este home estaba citado para o día 21 de febreiro, o vindeiro luns, pero o avogado do exmozo de Déborah vai solicitar un adiamento para poder preparar a declaración no xulgado de Tui.

Quedaban só tres meses para que o caso prescribise, pero con esta decisión amplíase ese prazo, o que é unha tranquilidade para a familia de Déborah. "Saber que agora non temos o xugo do tempo apertándonos, pois danos máis marxe para traballar esas últimas pescudas, e se poida saber a verdade que é o que buscamos", di Rosa Fernández.

"Por fin é a xustiza a que considera esta persoa investigado como responsable da desaparición e da morte da miña irmá, o que xa tiña que ocorrer hai moito tempo, porque el está no punto de mira desde o principio", asegura a irmá de Déborah.

"Estamos cansos de escoitar que é a familia a que ten unha opinión. Nós temos unha opinión herdada da información policial que hai no sumario, sen máis", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade