A familia de Juan Tábara recolle sinaturas para esixir praias seguras
A familia de Juan Tábara recolle sinaturas para esixir praias seguras
O oftalmólogo coruñés faleceu hai dous meses atropelado por unha lancha en Silgar
Vanse cumprir dous meses do falecemento de Juan Tábara, atropelado por unha lancha cando nadaba na praia de Silgar. A súa familia iniciou unha recollida de sinaturas para esixir máis medidas de seguridade nas praias.
Acaban de sumar os apoios dos nadadores que participaron na Travesía Costa Coruña. Antes do inicio da proba, lembraron con aplausos o oftalmólogo coruñés.
Juan Tábara faleceu en Sanxenxo o 15 de abril, golpeado por unha lancha de competición que navegaba a velocidade excesiva nunha zona prohibida para as embarcacións, a menos dos douscentos metros da costa.
A familia continúa esixindo máis medidas preventivas nos areais e que se vixíe o cumprimento das normas que están vixentes.