A Fiscalía descarta a competencia da Audiencia Nacional para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo
A Fiscalía descarta a competencia da Audiencia Nacional para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo
A Fiscalía descarta a competencia da Audiencia Nacional para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo
Considera que debe ser o xulgado de Marín quen leve a investigación ao interpretarse que os barcos en mar aberto son territorio español
A Fiscalía cre que a Audiencia Nacional non é competente para investigar o afundimento do Villa de Pitanxo en augas de Terra Nova, no Canadá, por considerar que se trata dun feito ocorrido en territorio español, dada a asimilación legal que se fai respecto diso dos barcos españois.
A competencia sería, polo tanto, do xulgado do porto de base do buque, neste caso o de Marín, segundo fixo constar a Fiscalía no informe remitido ao xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno, anunciaron fontes da Fiscalía da Audiencia Nacional.
O titular do Xulgado Central de Instrución número 2 da Audiencia Nacional quixo saber si era competente para investigar se existiu responsabilidade penal no afundimento tras recibir un informe da Garda Civil.
O afundimento do Villa de Pitanxo chegou á Audiencia Nacional por mor dun informe da Garda Civil que, segundo adiantou La Voz de Galicia, incluía os testemuños dos tres sobreviventes, que poderían ser contraditorios entre si.
O Villa de Pitanxo naufragou durante a madrugada do pasado 15 de febreiro en augas canadenses con 24 mariñeiros a bordo dos que unicamente sobreviviron tres.
Os cadáveres de nove tripulantes foron atopados, mentres que os corpos dos doce restantes continúan desaparecidos, e o xulgado de instrución número 2 de Vigo decretou a semana pasada o seu falecemento.