Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga do lixo na Coruña deixa unha nova noite tensa con 16 colectores queimados

A folga do lixo na Coruña deixa unha nova noite tensa con 16 colectores queimados

Os barrios máis afectados foron os de Labañou e Os Castros e as lapas alcanzaron un vehículo e varias fachadas

Este domingo remata o prazo que deu o Concello para chegar a un acordo cos sindicatos antes de decretar a emerxencia sanitaria

Un dos colectores queimados a pasada noite
G24.gal 21/07/2024 09:38 Última actualización 21/07/2024 10:44

Continúan os actos vandálicos na Coruña, en plena folga do servizo de recollida do lixo, con numerosos colectores destruídos polo lume e o servizo de Bombeiros traballando para evitar males maiores.

Esta noite, cinco dotacións de bombeiros tiveron que se empregar a fondo para evitar que os 16 colectores que finalmente acabaron ardendo, en ata nove puntos diferentes da cidade, non prexudicara coches ou casas. 

Aínda así, as lapas alcanzaron un vehículo e deixaron a súa pegada en varias fachadas. O barrio de Labañou e o dos Castros foron os máis afectados esta noite, despois de que o conflito se intensificara dende o pasado xoves.

A poucas horas da declaración de emerxencia sanitaria para este luns, avanzada pola alcaldesa herculina, semella que as posturas entre traballadores da limpeza e empresa concesionaria distan de alcanzar un acordo.

Arderon colectores en nove puntos diferentes da cidade Arderon colectores en nove puntos diferentes da cidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade