Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fragata Juan de Borbón, con base en Ferrol, saíu este mércores cara ao Mediterráneo

A fragata Juan de Borbón, con base en Ferrol, saíu este mércores cara ao Mediterráneo

A saída da F-102 prodúcese despois de que o pasado venres saíse outra fragata, a Blas de Lezo, integrada nunha frota da OTAN, ante a escalada de tensión no mar Negro

G24.gal 26/01/2022 12:34

Esta mañá zarpou cara ao Mediterráneo outra fragata da Armada con base en Ferrol. Trátase da Almirante Juan de Borbón, que saíu ás 10:30 do arsenal ferrolán para integrarse no grupo aeronaval do portaavións francés Charles de Gaulle, un grupo formado por unidades dos Estados Unidos, O Canadá, Italia, Grecia , Bélxica e Alemaña.

A Armada explica que o operativo responde a unha invitación da Armada francesa do pasado mes de xuño, pero o certo é que se se incorporan outros dous portaavións dos Estados Unidos, algo pouco frecuente neste tipo de misións. Esta é a segunda fragata que Defensa envía ao Mediterráneo despois da Blas de Lezo, que adiantou a súa misión coa OTAN no Mediterráneo ante a escalada da tensión con Rusia pola situación de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade