Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobrecustos para a frota pesqueira para evitar transitar polo Mar Vermello

Sobrecustos para a frota pesqueira para evitar transitar polo Mar Vermello

Os máis afectados son os barcos espadeiros que descargan en Galicia

O último ataque dos rebeldes deixou vítimas mortais por primeira vez

G24.gal 07/03/2024 14:39 Última actualización 07/03/2024 14:59

Varios mísiles alcanzaron o buque estadounidense que transportaba aceiro desde A China no golfo de Adén con 20 tripulantes a bordo.

Un barco da armada India acudiu ao rescate da tripulación, oito persoas foron evacuadas en helicóptero e varios feridos, catro de gravidade, foron trasladados aos hospitais.

Faleceron tres mariñeiros, que se converten nas primeiras vítimas mortais dos ataques dos hutís a barcos comerciais nesta zona.

Desde hai dous meses, o conflito obriga a mudar a operativa dos mercantes, tamén dos que descargan en Galicia. Afectan aos espadeiros galegos e españois que pescan no Índico e no Pacífico, cun atraso das capturas.

Os asedios intensificáronse durante as últimas semanas, con consecuencias nos custos do comercio internacional. 

Os hutís comezaron os ataques contra a navegación comercial no Mar Vermello o pasado mes de novembro nunha campaña apoiada por Irán que pretende ser un sinal de solidariedade con palestinos de Gaza fronte aos ataques de Israel. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade