Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil alerta do furto de obxectos de valor a anciáns co método da aperta cariñosa

A Garda Civil alerta do furto de obxectos de valor a anciáns co método da aperta cariñosa

Investigan o roubo de varias xoias a unha octoxenaria de Palas de Rei

Félix Aragunde 30/04/2024 13:47

Unha octoxenaria residente na parroquia palense de Orosa denunciou o furto de varias xoias mediante o método coñecido como a aperta cariñosa.

Os feitos sucederon cando a muller se encontraba na horta da casa e apareceu unha estraña que estivo de parola con ela co fin de gañar a súa confianza.

A vítima do roubo, de 89 anos, non soubo do acontecido ata que xa foi demasiado tarde. Decatouse de que lle faltaba a cadea de ouro que levaba no pescozo, e mais un anel, cando a ladroa xa se despedira dela.

Dende a Garda Civil fan un chamamento a non baixar a garda para non acabar botando en falta obxectos de valor.

Advirten de que os amigos do alleo adoitan elixir vítimas de idade avanzada para aproximarse a elas e subtraerlles canto leven enriba a través do contacto físico, sobre todo na despedida.

Unha vez denunciados estes feitos, os axentes están a investigar a identidade da súa autora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade