A Garda Civil capta no Corgo un veciño de Monforte a 242 km/h na A-6
A Garda Civil capta no Corgo un veciño de Monforte a 242 km/h na A-6
Esta velocidade captada polo radar do Corgo é a máis alta nun turismo medida polos equipos do Subsector de Tráfico de Lugo
O condutor, de 39 anos, será investigado por un delito contra a seguridade viaria
Un radar da Garda Civil captou este luns, 30 de xaneiro, pola mañá no municipio lucense do Corgo a un turismo que circulaba pola Autovía do Noroeste (A-6) en sentido A Coruña a unha velocidade de 242 quilómetros por hora, cando a máxima permitida nese tramo é de 120.
O condutor do vehículo foi identificado cando transitaba en dirección a Sarria polo quilómetro 4 da CG 2.2.
Resultou ser un home de 39 anos de idade, veciño de Monforte de Lemos, que foi imputado como investigado por un delito contra a seguridade viaria.
As dilixencias quedaron en man do Xulgado de Instrución de Garda de Lugo. Nos dous últimos anos a Garda Civil ha detectado un total de 22 delitos por exceso de velocidade.
A velocidade captada onte polo radar instalado no Corgo é a máis alta nun turismo medida polos equipos do Subsector de Tráfico de Lugo, unicamente superada por unha motocicleta que circulaba a 257 km/k, o pasado mes de febreiro na AG-64 (Vilalba – Ferrol). EFE