Cargando resultados...
A Garda Civil corta o paso a un grupo de tractoristas en Oroso
A Garda Civil corta o paso a un grupo de tractoristas en Oroso
Os 28 agricultores acabaron volvendo para a casa
G24.gal
09/02/2024 17:51
Última actualización 09/02/2024 18:36
A Garda Civil interceptou este venres 28 tractoristas no concello de Oroso.
O seu destino era seguir ata Santiago de Compostela para protestar contra as políticas europeas que afectan o sector primario. Unha acción reivindicativa para a que non solicitaran permiso ningún e que non contaba con autorización.
Despois dun tempo estacionados nunha pista de servizo na estrada N-550, acabaron volvendo á casa.
No marco deste operativo, varios furgóns da Policía Nacional custodiaban ademais a saída de Sigüeiro, en dirección Santiago, para impedir que os tractores se trasladasen á cidade.