Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detecta máis de 50 carnés de conducir falsos en varias provincias

A Garda Civil detecta máis de 50 carnés de conducir falsos en varias provincias

A rede trocaba licenzas de Marrocos por permisos españois

Hai unha persoa detida en Madrid e corenta investigadas

O traslado do detido O traslado do detido
G24.gal 09/04/2023 13:50 Última actualización 09/04/2023 14:09

A Garda Civil detectou máis de 50 permisos de conducir falsos en varias provincias españolas. Polo momento, hai unha persoa detida en Madrid e 40 investigadas.

A rede desmantelada pola operación Muzawara, segundo fontes da investigación, utilizaba carnés falsos de Marrocos, para posteriormente trocalos por permisos españois.

As forzas de seguridade rexistraron o domicilio do arrestado, centro de distribución das licenzas de condución a distintos puntos da xeografía española.

Interviron numerosa documentación, cartos en metálico, dispositivos móbiles e carnés vinculados á investigación. A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

A Garda Civil rexistrou o domicilio do arrestado A Garda Civil rexistrou o domicilio do arrestado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade