Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén 65 persoas nunha operación contra a fraude alimentaria

A Garda Civil detén 65 persoas nunha operación contra a fraude alimentaria

Detectaron numerosas infraccións dirixidas, sobre todo, á elaboración e distribución de produtos falsificados ou de baixa calidade

G24.gal 26/11/2022 12:41

A Garda Civil detivo un total de 65 persoas nunha operación internacional, Opson XI, contra a fraude alimentaria e de bebidas alcohólicas, realizada en coordinación coa Interpol e a Europol. Están a ser investigadas por supostos delitos contra a saúde pública, falsidade documental e estafa, entre outros.

En España, realizáronse catorce actuacións en diversas localidades. Detectáronse numerosas infraccións dirixidas, sobre todo, á elaboración e distribución de produtos falsificados ou de baixa calidade. Había alimentos ecolóxicos, mel, froita, aceite ou derivados de carne e peixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade