A Garda Civil detivo un veciño na Pobra do Caramiñal tras interceptarlle unha gran cantidade de heroína
A Garda Civil detivo un veciño na Pobra do Caramiñal tras interceptarlle unha gran cantidade de heroína
A Garda Civil detivo un veciño na Pobra do Caramiñal tras interceptarlle unha gran cantidade de heroína
Os axentes interceptaron un individuo xusto despois de que este adquirise unha importante cantidade de droga para a súa distribución e no seu poder atoparon un total de 1.118 doses de heroína
A Garda Civil do posto principal de Boiro levou a cabo unha operación que culminou na desarticulación dun punto de venda de substancias estupefacientes en pleno centro urbano da Pobra do Caramiñal.
A investigación iniciouse tras detectaren unha constante presenza de toxicómanos na zona. Durante o desenvolvemento da operación, os axentes interceptaron un individuo xusto despois de que este adquirise unha importante cantidade de droga para a súa distribución. No seu poder, atoparon un total de 1.118 doses de heroína.
Levaron a cabo rexistros en dous domicilios asociados ao detido, onde se incautaron de 158 doses máis da mesma substancia e de 245 euros en efectivo e unha báscula de precisión. O vehículo utilizado para cometer o delito e mais un teléfono intelixente foron igualmente confiscados e agora están á disposición xudicial.
Coa detención do responsable e a intervención das substancias, logrouse desmantelar por completo o punto de venda de drogas na Pobra do Caramiñal. O detido compareceu no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en Funcións de Garda de Ribeira, onde a Autoridade Xudicial decretou a súa liberdade provisional, coa obrigación de presentarse os días 1 e 15 de cada mes.