Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil frustra a ocupación ilegal dunha casa en Palas de Rei

A Garda Civil frustra a ocupación ilegal dunha casa en Palas de Rei

Imputado un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de violación de morada

Félix Aragunde 08/06/2023 13:38

A colaboración veciñal impediu que fose ocupada ilegalmente unha casa en Palas de Rei. Grazas aos avisos recibidos por parte de varias persoas que se encontraban de paso, os residentes na contorna puideron alertar a tempo a Garda Civil.

Os axentes acudiron á parroquia de San Xiao do Camiño e frustraron a usurpación da vivenda, pertencente a un palense emigrado.

Ángel Agra, familiar do dono da vivenda: "Chamáronme para dicirme que estaban ocupando a casa e eu comenteillo ao dono, que está en Bilbao. El dixo que ía chamar os gardas, que xa andaban por aí".

Segundo as testemuñas, ata catro persoas puideron tratar de ocupar o inmoble forzando as entradas. De feito, aseguran que provocaron danos nas ventás e nas portas.

Ángel Agra, familiar do dono da vivenda: "Seica forzaron as ventás, entraron no garaxe e romperon da porta de arriba. Veu o seguro e aínda está alí unha pechadura provisional. É o que hai".

Como resultado da intervención, a Garda Civil imputou un veciño de Lugo, de 28 anos, como presunto autor dun delito de violación de morada. Ademais, os axentes buscan unha moza que o acompañaba e que polo momento se encontra en paradoiro descoñecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade