Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil incautouse de 698 quilos de sardiña en Ribeira

A Garda Civil incautouse de 698 quilos de sardiña en Ribeira

Na inspección do barco localizaron 60 caixas (698 quilos) ocultas con sardiña a bordo detrás doutras caixas

G24.gal 28/07/2023 08:56

Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautouse de 796 quilogramos de sardiña no porto de Ribeira.

Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade estaba nun servizo propio da especialidade na zona de Ribeira.

No transcurso do mesmo, observaron como unha embarcación de pesca realizou unha descarga de 3.199 quilos de sardiña que se introduciron na lonxa para a súa pesada.

Unha vez finalizada a descarga os efectivos actuantes procederon á inspección do barco localizando 60 caixas (698 quilos) ocultas con sardiña a bordo detrás doutras caixas.

A Garda Civil procedeu á confección das correspondentes actas-denuncia por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia por capturar especies superando o tope permitido e por declaración inferior nas capturas de sardiña.

As sardiñas incautadas foron depositadas na cámara frigorífica da lonxa para a súa posterior recollida polo Banco de Alimentos de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar